Igrexa
Igrexa de Santiago do Deán

A igrexa de Santiago do Deán é un dos exemplos máis destacados de arquitectura relixiosa de estilo gótico mariñeiro da Pobra do Caramiñal. A súa construción comezou a finais do século XIV e finalizou, tras diferentes fases e engadidos, no século XVIII.
Neste enclave fálase da existencia dun castelo pertencente ao Deán de Santiago, que sería destruído nas revoltas irmandiñas (ano 1467). No interior, a igrexa conta cunha soa nave, unha capela poligonal e outras sete laterais. Conta con retablos barrocos de gran valor (séculos XVII e XVIII) e na fachada resaltan con protagonismo propio as esculturas de Santiago Peregrino, Santa María, Santa Catarina de Alexandría e os santos Pedro ou Pablo. A igrexa está rodeada de vivendas tradicionais restauradas e un cruceiro.
42.607906765743, -8.9384523117037
Igrexa
Praza Atrio
15940 España
España